Ir al contenido principal

Éxito de la manifestación unitaria en Ferrol en solidaridad con Palestina

OPINIÓN de F. Ramos

O  domingo 21 de Decembro varios centos de persoas saimos  á rúa en Ferrol para seguir denunciando o xenocidio contra o pobo palestino e esixir ao goberno  español  a  ruptura total de relacións co estado sionista , cuestión inseparabel  da reivindicación de que España se retire da OTAN  e rache os acordos de dependencia militar  cos USA,  posto que esta potencia imperialista e os seus socios e lacaios son os principáis   valedores do estado de Israel e da súa  política de ocupación , explotación e represión contra a poboación   palestina.


Contando coa positiva experiencia da manifestación tamén    unitaria celebrada o pasado 15 de Octubre, e co intenso traballo que ven realizando o colectivo Ferrol con Palestina, preveíamos unha maior  asistencia de manifestantes, pero hai que ter en conta as características destas datas e o frío e as choivas borrascosas que nos afectan dende fái días.  En calqueira caso é moi importante a amplia unidade conquerida   entre organizacions políticas, sindicáis    e sociáis  da comarca para convocar esta movilización, organizacións entre as que está o PCE (M-L),  que dende un principio impulsóu  activamente o éxito da  convocatoria.

Agora tratase de seguir concretando a unidade de acción e movilización de todalas  fiorzas e colectivos que se se definen de esquerda para que  constantemente  expresemos  nas  rúas  os intereses e as reivindicacións   do conxunto do pobo traballador;   tanto na loita antiimperialista e antibelicista e de solidariedade internacional,  como contra as políticas que no ampo  económico, laboral e social   benefician  ao capital  e empeoran as  nosas condicións  de  vida e de  traballo.  Fronte a os  incumplimentos do goberno «progresista» , a  forza da unidade  e da loita obreira e  popular  é  a única  que  pode impoñer o respeto e a mellora dos nosos dereitos, pararlle os pés  ás  dereitas franquistas e avanzar para conquistar a República  Popular.

ARCHIVOS

Mostrar más


OTRA INFORMACIÓN ES POSIBLE

Información internacional, derechos humanos, cultura, minorías, mujer, infancia, ecología, ciencia y comunicación

ElMercurioDigital.es, editado por mercurioPress/El Mercurio de España bajo licencia de Creative Commons. Medio independiente propiedad de Ángel Rojas Penalva
©Desde 2002 en internet
Otra información es posible